COIDANDO DOS NOSOS MAIORES
O noso centro
Centro especializada na terceira idade. Estamos situados en Chapela e somos unha excelente opción se buscas residencias pequenas, próximas e con ambiente familiar. Grazas ao noso equipo e instalacións somos unha magnífica opción na que ofrecemos un trato personalizado e axustado a cada usuario.
Comunicación centro familias
Uno dos aspectos craves para o noso centro é manter unha comunicación constante cos familiares dos nosos residentes, xa sexa vía chamadas ou mediante correos electrónicos e whatsapps.
Poden realizarse visitas continuas, sempre que leven a cabo mediante cita previa, co obxectivo de poder respectar as medidas sanitarias vixentes.
Dentro das nosas instalacións contamos cunha zona independente, que ten como obxectivo gozar dese tempo de calidade cos nosos familiares. Deste xeito, podemos garantir que as familias e usuarios poidan estar máis cómodas durante a súa visita.
Atención médica
Dentro da nosa residencia todos os usuarios teñen unha consulta médica semanal privada, para realizar un seguimento constante do seu estado de saúde. Toda revisión médica é contrastada e actualizada co seu Centro de Saúde.
A todo iso, tamén nos encargamos da xestión de calquera proba especializada ou transporte sanitario.
Por último, xestionamos e mantemos actualizadas as necesidades farmacéuticas. Contando cun sistema persoal de dosaxe, elaborado por persoal de farmacia.
Alimentación
Todas as nosas elaboracións son realizadas de forma caseira, no noso propio centro. Temos en conta as características de cada usuario á hora de elaborar unha dieta que se adapte ás súas necesidades.
Non temos uns horarios de comida estritos e ofrecemos a posibilidade a usuarios de que poidan organizar os seus horarios buscando a súa comodidade en todo momento.
VIVIR TRANQUILO E EN BOA COMPAÑÍA